O señor Molyneux é o protagonista indiscutíbel deste mes, xa que despois de que a semana pasada dixera a todos que os cambios da súa terceira entrega de Fable non ía gustar a moitos seguidores, agora lánzase directamente e aclara que Fable 3 deixará de ser un videoxogo de rol.
O primeiro que vou decir é que a saga Fable paréceme unha das máis sobrevaloradas pola prensa especializada, xusto por debaixo de Halo, pero unha vez que rematei á segunda entrega de Fable penso, pero se esta xa era a maioría do xogo de acción con matices de rol , iso sí, pero case todo acción. Con esta terceira entrega que pensan facer, un Fable May Cry?.
Pola miña parte non é unha mala noticia, son moi fan dos bos xogos de acción/aventura, pero Molyneux sabe que a saga Fable trae nas súas costas unha moi grande cantidade de fans que non sei se estarán de acordo con quie lle cambien o estilo desta saga.
Agora xa me poño a pensar desde outra perspectiva, é certo todo o que se dixo sobre esta terceira entrega?, ou non é máis que hype barato para que todos falen deste título. O certo é que se isto é verdade , o seu éxito é aplatante, porque non se fala de outra cousa polas páxinas “especializadas”.