Como o tema está de actualidade grazas á Avatar, filme de James Cameron ( como non vivades debaixo das penedas dun río, a estas alturas xa estaredes ata as narices de saber de todo sobre esta película, porque mira que non lle deron bombo).
Aínda así, é inevitábel falar da miña experiencia con Avatar, para posteriormente opinar sobre este recurso nos videoxogos. Nunca fun moi partidario das tres dimensións no cine, nunca, ata o día que entrei no cinema para ver Avatar, porque realmente fixeron un traballo moi laborioso ( tanto , que foi a primeira película grabada especialmente para desfrutala en tres dimensións ). Deixando a un lado o argumento, o filme é realmente espectacular, quizáis, por crear momentos apropiados e oportunos para resaltar as 3D, ou quizáis por utilizar o recurso de preciosos paraxes e vistas impresionantes. Sexa unha cousa ou outra, o filme mantente toda a película sorprendéndote con escenas en 3D ( e a película non é que se diga moi curta, nada menos que dúas horas e media ).
Pero agora imos o que realmente me interesa, este recurso implantarase nas futuras consolas?. Hai compañías que xa falaron en apoiar as tres dimensións, pero eu creo que non é máis que publicidade barata. E liándome un pouco solto outra pregunta, de verdade pensades que controlamos de forma seria estas 3D?. Se xa no cine custa traballo atopar obras boas, e non me fagades alusión a típicos filmes para rapaces na que apenas había detalles que saísen da pantalla plana, como queredes aplicar isto a un formato totalmente diferente?, e a que prezo?. Non quero pensar nos nove eurazos ( noveeeee!!!!!), que me cravaron por ver Avatar, que non os compensa nin a mellor película do mundo, xa que non deixa de ser un filme, pero canto custará crear un videoxogo en 3D?.
Si, xa sei que estamos a falar nun futuro, e que xa se están a comercializar as TV para ver 3D, e que pronto ( relativamente ) estarán a un prezo razoábel, pero que conleva este cambio?, pois anos e anos de probas para nada.
Fáime moita graza que en foros de internet ( en teoría especializados ), falen tranquilamente que o futuro dos videoxogos pasa polas 3D. Pero que estamos dicindo?, somos conscientes do que sae polas nosas bocas?, se aínda non controlamos o cen por cen nin as dúas dimensións, como para meternos nas tres. Se aínda están coma tolos para tentar que do Project Natal saia algo medianamente decente ( cousa que dubido o cento vinte por cento ), e xa falamos das tres dimensións. Veña compañías, centrádevos no que tedes, presentade xogos que fagan soñar ao videoxogador, e non toleédes no voso cerebro hipócrita-futurista.
Pero vale, cálmome, e penso por unha vez, que nun hipotético futuro se controle medianamente este proceso das tres Dimensións.Qué pasaría?, pois máis ou menos isto. TV apropiada ( xxxxx €), gafas obrigatorias ( xxxx€), videoxogo ( poño a man no lume a que custarán moitísimo máis , así que xxxx€),a consola tería excusa para…. ( xxxx€), deixando a un lado periféricos, e máis periféricos inútiles que de seguro que sairían a luz ( seino porque nesta xeración pasa o mesmo ), o resultado de esa suma é……..unha sangría nosa e da nosa carteira, para xogar, case seguro, a unha bazofia de videoxogo.
Pero volvamos á realidade, estamos no 2010, e aínda apareceu a primeira película decente para desfrutar as 3D, pero queda moito camiño que andar,porque por moito que digan que Avatar aprobeita ao máximo as tres dimensións, isto non é certo, podería ser aínda moito mellor (cando poderemos ver un filme no que todo o que se vexa en pantalla, absolutamente todo, estea en 3D?). E se isto non se conseguíu no cinema, moito menos nos videoxogos, por maior complexidade no desenrolo.
Así que, volvo a reiterar o dito, e esperar a que as empresas que se adican os videoxogos se centren no que teñen nas mans, e non no que poderían ter, porque non é lóxico que a estas alturas se continúen sacando basuras como se están a sacar. Que fagan marabillas, que exploten o que teñen e que nos sorprendan con isto, non con absurdas cámaras que che in-detectan o movento, nin con premunicións sobre xogos en 3D, porque desde logo non me vexo doutra forma que co típico pad na man,sen cámaras, nin gafas, nin…
Home…este mesmo ano aprobase a norma para o Blue ray 3D, co que supoñe que sony o incorporara a sua consola,,,,diso a que salga un xogo que o aprobeite….non penso que pase moito.o que dis de que todo se vexa en 3D na pantalla, consigueno as salas imax…O 3d que se implanta agora nas salas é moi varateiro… Saúdos e apertas
Eu penso que estamos nunha etapa na que se fala pensando no que poderían facer, pero que non chegan a conseguilo, ben pola falta de ganas, de diñeiro ( que non creo ), de motividade ou de incapacidade técnica.
Cada día avánzase na nosa tecnoloxía, e emocionámonos pensando o que suporía usala ás nosas actividades diarias, pero como xa dixen, de pensalo a facelo hai un tramo enorme.
As 3D son unha técnica moi recente polo que aínda está o conto moi verde, moito, moito, polo tanto non espero ver algo decente aplicado aos videoxogos ata dentro de moitooooooooooo tempo, e isto sendo optimistas.
Saúdos.