A qué me refiro?, pois a súa mascota clásica, a quén se non?, porque se fai uns meses xa vos avisaba que Sonic volvería nun xogo en 2D, agora xa non se fala doutra cousa por toda a rede.
Conseguirá SEGA revivir ao seu ourizo azul?, porque cos xogos anteriores sepultárono ben fondo, é máis, non se conformaron con botarlle terra por enriba, se non que lle botaron cemento para que non consiga volver.
Para uns pasaríame coa metáfora, e para outros quedaríame curto, pero o que si que estamos todos seguros é que SEGA ten que facer un traballo moi, moi, pero que moi duro para que Sonic resucite.
Conseguiráo?, dubido moito.
Teño esperanzas?, algunha queda despistada.
Si, no vídeo conseguen meternos as ganas no corpo rememorando a idade de ouro de Sonic, pero espero que se deixen de tanto hype inútil, e se poñan a traballar neste título para acadar os obxectivos.
Agardo que teña exito, sacando as sagas de Aventuras graficas…é para min unha das mellores. Saúdos e apertas
Eu penso que dende a Megadrive non volvín ver a plena esencia de Sonic, fixeron moito experimento, aprobeitáronse de fama, pero de calidade case nada.
Agora pretenden volver aos inicios, ou iso é o que dín, porque ben sabemos onde rematan estas ilusións.
Saúdos