Análise de Fairytale Fights

Por: Mércores, 3 de Febreiro de 2010

POrtada Fairytale Fights

Está claro que o 98% dos videoxogos nin arriscan, nin innovan, simplemente se conforman con plaxiar outros títulos para asegurarse ganancia segura, pero cada certo tempo pasa o impensábel, aparece un título que rompe cos moldes anteriores e sorprende a todo vicioxogador que se precie, unha pena, que só sorprenda a primeira media hora.

Este é o caso de Fairytale Fights, o cal xa nos pon nunha historia do máis simpática. Poderemos escoller entre catro protagonistas, todos eles sacados dos máis famosos contos infantís, como a caperuchiña vermella ou o rei nú. No meu caso escollín a caperuchiña vermella, e a partir de aquí comeza unha aventura ao longo de varios mundos. O desenrolo da aventura é do máis simple, controlamos ao noso protagonista e iremos eliminando a todo o que se mova polos escenarios que pisamos, pero aquí non está a verdadeira alma do xogo, o que de verdade chama a atención é a violencia que emprega o título, porque poderemos usar as máis diversas armas, como coitelos, motoserras, mechadas, incluso enormes piruletas e trabucos. Así, botaredes a primeira media hora observando incrédulos para a pantalla, vendo como a Caperuchiña vermella descuartiza lobos, leñadores, etc.

FairytaleFights 1

Ademáis, como montros finais atoparemos a seres dos máis coñecidos, como un extraño Pinocho ou uns mutados Hansel e Gretel.Que nos farán bastante graza, máis que nada porque nunca vistes un Pinocho… tan pouco Pinocho.

E todo isto adornado cun apartado gráfico do máis minimalista que se víu nun xogo ( aínda que utilice o mesmo motor gráfico que o Gears of War ), tan minimalista é que apenas hai texturas no título, todo é liso e cun colorido que dificilmente atoparemos noutro título. Coidadiño os epilépticos.

fairytale-fights 3

Pero aínda que innove, e teña un apartado técnico curioso, e sorprenda, só consigue todo isto a primeira media hora, porque despois a reiteración faise constante e a dificultade non é nada elevada, e pagar para xogar media hora…. case que non me parece decente, quizáis alquiládoo, ou usando outros métodos menos ortodoxos e legais…

Estaría moito mellor se fose un título de descarga, porque a verdade é que o título é moi simple en sí, moito, demasiado.

fairytale-fights 2

Tan simple é que xa non queda moito máis que decir do xogo, simplemente lle engadiron un multixogador ( que coma case todos os xogos aumenta a diversión xogando en cooperatico ), e polo demáis todo mencionado, é decir, orixinalidade, monotonía, minimalismo, escasa duración, escasa dificultade, reiteración de escenarios, ausencia de voces ( só onomatopeias e sons ambientais ), aburrimento á media hora.

Non o vou introducir no apartado de Lixo simplemente porque intenta facer algo novo no mercado, e sei de boa man que isto é do máis complexo e arriscado, pero deberían poñer máis atención no resto dos apartados.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario