gearsoflostplanet2

Curiosa noticia pero parece que vai ser certo, xa que segundo anunciou Capcom en Xbox Live, os dous anacos de carne máis grandes que viron unha consola con relación aos humanos, como son os protagonistas da insuperábel saga Gears of War, farán acto de presenza na segunda parte de Lost Planet.

Desde logo quedei un pouco incrédulo cando lin a nova, porque tampouco ben moito o caso, pero sempre queda como curiosidade, aínda que non son partidario de sobre explotar estos grandes personaxes, só quero velos explotados na terceira parte de Gears of War, pero non me vou poñer nervioso ( este nerviosismo sá que che aparece xusto antes da saída dun gran título ), porque parece ser que aínda quedan uns anos ata que saia a luz.

Así que polo de agora conformareime con velos nesta participación de Lost Planet 2, e para que non quededes coas ganas, aqí vos deixo un pequeno tráiler no que aparecen os dous compañeiros Marcus e Dom.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario