Parece ser que definitivamente conseguiron modificar a todopoderosa impirateábel de Sony. O artífice de este feito é GeoHot, coñecido tamén por ser o primeiro en desbloquear o iphone , xa vedes que ten un pasado prometedor.
Aínda que xa se deron rumores de todo tipo sobre o pirateo da Playstation 3, todos eles acababan sumerxidos no olvido, e aquí é donde varía este rumor, xa que parece que esta información é bastante verídica, e podémola ver no blog de dito personaxe.
Agora espero con ansia a resposta que case seguro fará Sony.
Aínda así, non me convence a idea deste pirateo, máis que nada porque siguen saínda os videoxogos moi caros, porque tendo en conta que cada blu-ray virxe custa case vinte euros, e necesitamos obrigatoriamente un gravador deste formato, que non son nada baratos, botádelle conta de canto nos pode saír cada videoxogo.
Case é mellor esperar a que saian en platinum…
Un detalliño: os discos Blu-ray de 25 Gb baixaron moito de prezo, e aínda que os de marca custan uns 6 euros, xa poden mercarse a pouco máis de 2 euros, resultando incluso rendibles para facer copias de seguridade de datos.
A xente aínda non aposta por ese soporte porque hai poucos trebellos nos que poder aproveitalo (incluso hai lectores de sobremesa de Blu-ray que non soportan a reprodución de películas en BD-R).
Pois a decir verdade, pasei antonte polos supermercados Haley, e no apartado de electrónica fixeime nos Blu-ray virxe e custaban máis de doce euros, o cal me pareceu unha esaxeración, e de aquí o comentario de arriba. Se como ben dis custan sobre dous euros, estamos falando dun prezo idéntico aos dvds de dobre capa, e un dvd ten unha capacidade de oito con cinco gb, e un blu-ray de 25 gb, e custan igual?,non deberían.
Certo é que o formato Blu-ray aínda non se globalizou, e moito me temo que como non baixen os prezos, esta adaptación vai para longo.
Saúdos.