Dez minutos de auténtica paranoia de Mario

Por: Domingo, 24 de Xaneiro de 2010

Que si, que xa sei que vídeos parodiando a Mario hai a centos, pero asegúrovso que este pódese levar o premio, xa que conseguir que dez minutazos de tontería Mario Land non aburra absolutamente nada ten o seu mérito.

Son un conxunto de minivídeos que deixa claro o surrealismo dos autores, con sangue, dinamismo e moito humor. Por outro lado a banda sonora vai acorde con cada secuencia que vemos, tendo un resultado final do máis divertido.

Se vos parece mirádeo e xa me contaredes.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario