Volven as incógnitas de Capcom

Por: Sábado, 23 de Xaneiro de 2010

capcom e microsoft

As compañías de videoxogos xa nos teñen bastante acostumados a esta técnica de márketing, na que se nos ofrece un mínima información para que o propio lector especule sobre a qué xogo se poden estar referindo.

Pois Capcom volve a recaer na mesma técnica, e se fai aproximadamente un ano fixo exactamente o mesmo con Lost Planet 2 , agora vólvenos a deixar coma os cans de Paulov, babexando, e eu non vou facer coma todos, non vou especular absolutamente nada, pero o que si que vou facer é saír fóra, arrodillarme no chan, entrecruzar os meus dedos e rezar algunha loa videoxoguil, haber se me escoita calquera ente superior para que o xogo que prepara Capcom sexa un Onimusha.

Unha pena que rezar sen fe non serva para nada…….

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario