Unha curiosa forma de promocionar a segunda parte de Just Cause foi esta idea. Acostumados estamos a ver tráilers de todo tipo de xogos, pero en ningún che permiten interactuar con el, explícome.
Seguindo a estela de “Elixe a túa propia aventura…”, este vídeo permitiránnos escoller diferentes formas de rescatar a rapaza de turno, e para darlle aínda maior profundidade, se a nosa elección non é a correcta, a misión rematará.
Teño que recoñecer que a idea é bastante efectiva, xa que te obriga a visionar diferentes vídeos do xogo, que en definitiva é do que se trata.
Veremos en que remata esta segunda parte, que aínda que volveremos a ver ao protagonista desafiar ás propias leis da gravidade, non sei se será capaz de enamorar ao público, e vendo as discretas ventas que acadou a súa primeira parte, non sei eu.