Análise de Devil May Cry 5, perdón, de Bayonetta

Por: Sábado, 9 de Xaneiro de 2010

bayonetta 5

Estas vacacións están sendo bastante productivas para mín, simplemente polo feito de que estou xogando a un bo número de títulos,e algún deles da calidade de Bayonetta, novo producto do director de Devil May Cry, e mentres vos conto como me foi con este videoxogo, os meus dedos apenas se moven por mor da pseudoconxelación que estou a sufrir, pero iso é o de menos, agora comecemos.

Con emoción escrivo estas líneas , xa que Bayonetta era un dos títulos que máis esperaba. Que por que o esperaba?, básicamente porque detrás deste proxecto atópase o mestre Hideki Kamiya, creador do primeiro, impresionante e imprescindíbel Devil May Cry. E o certo é que mantivo todas as características o que nos ten acostumados, tanto, que púidolle chamar a este título Devil May Cry 5, porque o estereotipo é similar.

bayonetta 1

O xogo ponnos na pel de Bayonetta, unha exuberante Bruxa , unha das poucas que queda da súa especie, despois de que fosen perseguidas e asasinadas, e tocaranos facer fronte a todo un elenco de seres anxelicais ( principal diferenza con DMC, xa que se neste tiñamos que eliminar a demos, en Bayonetta, serán os anxos, e outros seres quen sufran a nosa furia ).

Xa notaredes que cito unha e outra vez a saga Devil May Cry, pero é que é tanta a similitude, que incluso a protagonista leva as mesmas dúas pistolas ( tamén leva outras dúas nos seus tacóns ) para entrar en batalla, e por si fose pouco, unha vez que avanzamos un chisco entrégannos unha espada, é decir, DMC puro e duro. Certo é que poderemos usar outras armas como un látigo, unhas luvas especiais, etc…

bayonetta 4

Cando entramos en combate tamén se parece a Dante, xa que a mestura de pistolas e armas brancas son imprescindíbeis, pero aquí sí que pode ter marca propia, xa que Bayonetta pode invocar golpes especiais e incluso facer ataques tortura. Para levar a cabo estos ataques , primeiro teremos que enlazar un número de golpes consecutivos para encher a barra de maxia, e unha vez feito isto, abonda con aproximarnos a nosa vítima e… tortura vai. Esta témolas de varios tipos, pero todas elas forman un conxunto moi apropiado para o título. Así, sobra decir que cada combate é unha mestura de centos de cores, golpes, combinacións, torturas, disparos… do mellor que podemos ter e xogar.

Outra das características propias de Devil May Cry é o humor negro e picaresco de Dante, pois Bayonetta repite estratexia cunha protagonista que non para de facer comentarios satíricos tanto aos inimigos como os compañeiros, e de feito, agradécese moito, ver como un videoxogo intente sacar un sorriso ao espectador. E póñovos un exemplo, o primeiro logro que se desbloquea chámase: “ Mira que soy zorr…bruja”. De aquí para arriba, sempre fai que xogar a Bayonetta sexa algo divertido, e o bo é que se mantén este espíritu durante todo o videoxogo.

bayonetta 2

Técnicamente atópase a un nivel moi bo, unha pena que existan tantas zonas de ambiente escuro que fai que o resultado final non sexa tan bonito e preciosista como debería. Pero non desentonan os escenarios góticos ( sobre todo interiores, que unha vez máis recordan ao DMC ), e un modelado dos personaxes notábeis, con gran cantidade de inimigos e algún deles dunha dimensións desmesuradas, detalle que non fará recuar á nosa atractiva protagonista.

Bayonetta dura aproximadamente dez horas, pero pasaranvos voando polo frenético ritmo que nos marca o xogo, ademáis, aínda que o principal será avanzar eliminando inimigos ( é incríbel que unha característica tan fundamental nos provoque tanta satisfacción ), tamén teremos pequenas fases de exploración, e a medida que avancemos no título Bayonetta irá adquirindo novos poderes ( sí, como DMC ), como camiñar polas paredes ou convertirse en lobo para abarcar grandes camiños. Para aumentar a duración , atoparemos diferentes lugares nos que nos provocarán para que pasemos diferentes misións pero baixo normas específicas, e algunhas delas son verdadeiramante complexas. E aquí outra das principais diferenzas con DMC, xa que se no primeiro Devil May Cry a súa dificultade era esaxerada ( e como me gustaba ), en Bayonetta, este detalle foi eliminado, e sen ser un xogo sinxelo tampouco será un reto moi complexo.

bayonetta 3

Como vedes, é un dos títulos que me gusta a mín, frenetismo apoteósico, humor constante, protagonista carismática e uns combates dos máis divertidos que vimos até o de agora. O único que non entendo é porque non lle chamaron Devil May Cry 5, porque desde logo as súas similitudes superan as súas diferenzas.

Moi recomendado.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

2 Comentarios a “Análise de Devil May Cry 5, perdón, de Bayonetta”

  1. An di:

    Tremendo cu…tremendo juego de culto quiero decir XD

  2. skaltum di:

    Parece ser que ten máis píxeles o cu de Bayonetta que calquera protagonista de calquera xogo da PS2, que se o pensamos ben, sonche bastantes jeje.
    Saúdos.

Deixar un comentario