Tranquilos, non estou promulgando a piratería, nin problemas inexistentes similares, xa que un grupo de seguidores dun dos xogos que máis repercusión tivo no mundo fantástico dos videoxogos, como é o Legend of Zelda: Ocarina of time ( certo é que non lle faltan motivos nin calidade para ter semellante importancia no sector ), crearon unha remasterización da música deste título, iso si, déronlle un toque propio e orquestral…pero os temas que escoitei non están nada mal.
Desde logo que é unha boa nova para aqueles que desfrutaron desta aventura épica de Link ( e supoño que haberá uns cantos ).
Para descargar esta banda sonora gratuitamente entrade neste enlace.
Que?, tedes xa en mente o castelo de Hyrule?, seguro que si.
Grazas polo aviso. Apertas 🙂