Cómo fardar cunha tatuaxe

Por: Luns, 21 de Decembro de 2009

De tatuaxes xa estamos todos fartos, que desde que se puxeron de moda fai uns anos, témolos visto de todas as especies, clases, clasificacións, tamaños, cores, formas…

Aínda así, só algúns son propios para fardar diante dos colegas,pero ollo!!, fardar non significa precisamente que lle teña que quedar ben ao portador deste adorno, e como exemplo claro o noso seguinte protagonista, que barallando posibilidades de como desilusionar aos proxenitores decidíu plasmar esta imaxe na perna.

Haber, o debuxo está guapo, pero quizáis non sexa demasiado estético, algo falla, o tamaño, a posición, o “lenzo”, non sei, pero como decía anteriormente, seguro que farda con el en todos os lados, se é que o GoW da para moito.

tatuaxe gow

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario