Desde Akihabarablues chégame unha noticia que ben merece ser resaltada, porque segundo Aaron Greenberg, productor manager de 360, poderemos ter a Alan Wake na primeira metade de ano. Despois de múltiples retrasos, anos de desenrolo e hype a patadas, podemos ter á volta da esquina este título. Será certo?, supoño que ninguén o pode saber, pero esperemos que dunha vez por todas esta información teña un mínimo de realidade.
A parte disto, tamén falou das exclusividades que chegará á consola de Microsoft nesta metade, e de mes en mes temos, Mass Effect 2 ( xaneiro ), Splinter Cell: Conviction ( febreiro ), Alan Wake ( maio???, bufff, vaite ti saber ) e Crackdown 2 ( non saben nin eles cando sairá, pero méteno neste grupo para maior publicidade).
Como vedes, se sucede un milagre, e isto se converte en realidade, imos ter unha metade de ano moi completiño por parte da Xbox 360, pero claro para quen non crea nos milagres…..
Perdoa miña ignorancia e miña preguiza para usar google agora mesmo…Que ven sendo, unha AG ou un shooter ou que? é que non o coñezo….xa teño unha pila nova para a miña Saturn XD SAúdos
E por certo, moi ledas festas. Coidate
A verdade é que AG nunca o escoitara pero supoño que fará referenza a Action Gamer, xogo de acción, pero se che digo isto é básicamente por intuición, xa que é xustamente o que significa a palabra shooter. Califícanse como shooter aqueles xogos no que predominan os disparos e a acción, e podemos diferenzar entre FPS (first Person Shooter ), shooters en primeira persoa,( na que só vemos a arma do protagonista ) como ben pode ser o Call of Duty, Medal of Honor e derivados, e tamén temos os shooters en terceira persoa, ( na que contemplamos o corpo enteiro do individuo ), como Resident Evil 5, Gears of War, etc.
Básicamente resúmese así, e supoño que AG será similar pero actualmente só se usa o termo shooters, xa que nesta xeración están predominando bastante.
Non sei se che axudei un chisco, espero que si.
A pasar boas datas, vémonos.
Non refirome a Aventura grafica (AG)a todo isto sabes que teño un comando asinado e adicado por todos os que participaron XD SAúdos e apertas