Aquí está, PS3 portábel

Por: Sábado, 12 de Decembro de 2009

Cómo?, que non me credes?, pois tranquilos que para mentes ateas teño eu imaxes resolutorias.

Pois a creación que fixo este personaxe é digno de mencionar, non só por conseguir levar un armatoste de catro quilos a calquera lado, se non por conseguir xogar incluso facendo rappel.Que sensacións producirá xogar a consola a decenas de metros do chan?, non sei, pero como intente pasar un destes xogos longos ( digo destes porque cada vez son menos ), como pode ser o Fallout, desta forma , vai rematar cunha dor de espalda das que tiran a un polo chan, e iso que non lle fallou a corda mentres facía rappel… pillástelo?, non ?, si?, bahh, que máis da.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

1 Comentario a “Aquí está, PS3 portábel”

Deixar un comentario