Vale, se xa os xogos en si son demasiado caros, as edicións especiais levan o primeiro premio, pero é que de vez en cando hai que fixarse no que che traen estas novas edicións, porque se molan tanto como a de Alien vs Predator case vale o pene a pena.
Este xogo xa está causando bastante tolemia en todos os lugares que chega os seus tráilers, imaxes, informacións, etc, poque a verdade é que ten unha pinta única, pero despois de saber que sairá o próximo 19 de febreiro e que na súa edición especial traerá unha cría de Alien, xa está todo dito e xa me da igual o resto das características desta nova edición.
Si, tamén traerá a típica caixa metálica, unha insignia da corporación do filme,unha postal e un código para descargar o futuro DLC, pero isto todo queda a un segundo plano coa recreación perfecta da cría de Alien.
Imaxinádevos o que debe molar ter un alien colgado do teito da habitación. Demasiado friki?, o mellor si, pero esta figura ten que adornar en calquera lado.
E cada vez que vexo a foto, gústame máis.