Análise de Little Big Planet PSP

Por: Martes, 8 de Decembro de 2009

LBP psp 3 O final resultou ser certo que o 2009 foi un ano productivo para a portábel de Sony, e aínda que a inmensa maioría dos títulos foron traspases de PS3 á PSP ( Little Big Planet, Motorstorm, Assassin´s Creed…), sóubose manter nun nivel de calidade adecuado, pero tamén debo decir, que tamén podían arriscar un pouco e crear novas sagas, que algo de innovación non viña nada mal.

Pero como isto non sucede, dedicareime a falar dos que temos a oportunidade, e desta vez o elexido foi a secuela portábel de Little Big Planet. Esta nova versión é case idéntica á da irmá maior, é decir, controlaremos un simpático boneco de peluche ao longo de diferentes fases, sempre nuns escenarios en 2D pero con personaxes,accesorios, etc en 3D, así saltaremos de plataforma en plataforma, arrastraremos obxectos para alcanzar alturas imposíbeis de alcanzar… é decir, plataformas 100%.

Todos estos escenarios estarán acompañadas por varias historias, desde a creación dunha “carroza” de entroido ata o rescate dun ovo de dragón, como vedes a variedade fai que o título sexa algo máis orixinal, e enganche un chisco máis, pero como debemos falar de todo, o título ten os mesmos erros que o primeiro Little, é decir, escasa duración e excesiva facilidade. O xogo , como case todos os plataformas é do máis sinxelo, e non quedaredes atrancados en ningún momento ( parece que os plataformas só poden gustar aos nenos, por iso axustan a dificultade, mamonazos…), e como xa decía, se lle engadimos que as fases non son moi extensas, temos un título que se pasa nun par de tardes sen moito vicio, e para redondear , eliminouse o online que tanto éxito tivo na grande de Sony, feito que non me afectou demasiado, xa que como ben digo aquí, o online non é precisamente o que busco nos videoxogos.

Graficamente mantense nun nivel moi alto ( nisto xa destacaba o primeiro Little Big ), e os bonecos seguen sendo igual de simpáticos, coa posibilidade de modificar a súa imaxe ao teu gusto,si, tamén se mantén os centos de posibilidades de creación do teu propio sackboy, marca representativa da casa, e detalle que fai graza as primeiras veces , pero que axiña utilizarás estas posibilidades de maneira aleatoria e sen prestarlle moita atención, igual que pasa coas expresións dos pequenos protagonistas. Por suposto, isto cambia cando estades varios compañeiros mirando, aquí si que deixa ser unha opción secundaria para converterse na (case ) auténtica protagonista, e as risas tédelas aseguradas.

LBP psp 2

Con referencia ao apartado sonoro, seguimos igual, é un calco do xogo da Play3 ( esta vez sen polémicas como ocurrira cunha canción do xogo anterior ), melodías simpáticas e divertidas. Como sucedía anteriormente, as voces dan paso a uns efectos sonoros que dependen de cada personaxe, detalle que me recorda gratamente ao Banjo Tooie, o plataformas en 3D que foi, é, e será o mellor de todos os tempos.

Así que xa vedes, un título case idéntico ao anterior, máis do mesmo, tanto no bo , como no malo, a mín, gran aficionado aos plataformas gustoume bastante ( por suposto, sen caer nas supravaloracións que tinxiron os análises do primeiro Little Big Planet ), volvín sentir moito que non fose máis longo e complexo, pero o pouco tempo que o xogas entretén de sobra.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario