Análise de COD: Modern Warfare 2

Por: Luns, 7 de Decembro de 2009

Portada MW2

Infinity Ward xa se consagrou co seu anterior título. A cuarta parte de Call of Duty foi unha verdadeira revolución nun xénero tan saturado, e que pretenden facer coa segunda parte de Modern Warfare?, pois manter a calidade da cuarta parte ( porque superala é realmente complexo ) e meternos de cheo, unha vez máis, na guerra moderna.

Como sempre, en primeira persoa percorreremos os lugares máis indesexados ( e preciosos ) para unha persoa, indesexados porque estarán pragados de inimigos capacitados dunha intelixencia artificial do máis alta vista nun videoxogo, e preciosos porque o nivel gráfico roza niveis de deuses. Pero o que verdadeiramente fai resaltar esta segunda entrega de Modern Warfare é a capacidade de sensacións que nos logra transmitir. Desde pena, frustración, odio, tensión, etc, etc. Cada capítulo é diferente, olvidádevos destos FPS no que a única misión é avanzar e avanzar sen ningún outro aliciente, aquí o personaxe que movemos ten vida propia.

MW2 1

E cada capítulo é diferente non só pola humanización do personaxe, xa que os escenarios son do máis variados que se viron nun shooter, e tanto estaremos escalando por paredes de xeo como defendendo a propia Casa Branca. A diferenza e variabilidade de cada escenario é impresionante, con momentos verdadeiramente épicos como a fuxida a contralrreloxo nunha moto de neve ( esta escena creo que xa é coñecida por todos ), pilotaxe dunha zodiac, momentos de submarinismo… entendedes agora ao que me refiría de que cada capítulo é diferente?, pois pódovos asegura de que todo o videoxogo é así, e con cada novo escenario, novas sorpresas.

Sobra falar do apartado técnico, pero os que xa xogastes ao COD 4 xa sabedes a que nivel nos estamos enfrontando, é unha calidade verdadeiramente impresionante, cunha nitidez é realismo só comparado ao anterior título de Infinity Ward, escenarios completamente cheos de detalles e interactuábeis. Pero non só destaca no apartado gráfico, xa que para redondear un título obrigatorio conta cun apartado sonoro de luxo, cunha banda sonora épica que nos sumerxirá aínda máis no conflito. E por suposto, o xogo está dobrado, e avanzar co resto do pelotón mentres se van cantando as ordes e as estratexias que debemos seguir, fan que Modern Warfare 2 non decaia en nigún moento.

MW2 3

Por contrapartida temos o mesmo problema de todos os xogos bos, a duración, xa que neste caso en seis horas teredes o modo campaña pasado. Vale, son seis horas de verdadeiro frenetismo, e que poderemos aumentar buscando todas os ordenadores escondidos nos escenarios, e temos varios niveis de dificultade, pero son seis horas……… Para intentar aumentar esta duración, engadiron un multixogador a pantalla partida para superar diversas fases, e aquí un dos grandes erros de MW2, por que non fixeron un multixogador a pantalla partida de todo o modo historia?, ademáis, o protagonista do xogo sempre está compañado por algún que outro co-protagonista polo que lle viña como anel ao dedo un merecedor modo a pantalla partida de toda a aventura.

MW2 2

Para rematar debo aclarar que os que xa xogastes ao COD 4 notaredes bastantes similitudes con este novo título, xa que hai misións que se parecen bastante, ou que lle sacan a esencia, como a fase do frantirador ou a do controlador do avión lanzamisiles, isto non lle saca emoción ao xogo pero seguro que pensaredes, “ así que copiando misións éeeeeeee”.

En fin, o resultado é un xogo imprescindíbel para todos, con momentos entrañábeis, momentos de odio, e sobre todo, momentos de diversión, xa que esa media ducia de horas estaredes sen sacarlle ollo ao pantalla, asegúrovolo.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario