The Last Guardian, volve o mito

Por: Venres, 27 de Novembro de 2009

Non podo aguantarme de amosarvos, ou recordarvos , porque supoño que xa todos estaredes pendentes desta nova obra de arte, do que vai supoñer a nova xenialidade do mestre Fumito Ueda, porque realmente teño case por seguro que vai supoñer un novo punto e aparte nos xogos momorábeis.

E por que estou tan seguro?, sobra con ver as anteriores obras de Ueda, ICO, Shadow of the Collossus, bufff, que máis queredes?, queredes máis probas?, pois a proba definitiva será The Last Guardian, e pregúntome unha cousa, relacionará este último cos anteriores?, non estaría nada mal.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario