Rockstar leva xa ben tempo na modelación deste proxecto, e agora podemos saber a data de saída desta sandbox de vaqueiros, o día elixido foi o 27 de abril, momento no que saberemos en que remata este novo Red Dead.
A pinta tena inmellorábel, e parece ser que os escenarios estarán completamente vivos, polo que poderemos ver escapar ( e cazar ) pequenos animais ao lonxe, persecucións que non nos atinxen, cidades repletas de persoas…, é dicir, todo o que nos teñen acostumados as de Rockstar cos seus videoxogos, e todo isto realzado por un apartado gráfico de luxo ( como podedes ver a continuación ). Só me preocupa unha cousa, a duración, xa que a primeira parte era realmente curta, aumentarana?, esperemos que si.
Que ganas de botarlle o dente!!!!!!