Máis cos-play, esta vez de Bioshock

Por: Luns, 23 de Novembro de 2009

A pesar de que a segunda parte de Bioshock non sae á venta ata febreiro do próximo ano ( claro, non vai ser deste ano, vaia chorrada ), xa se comezan a ver curiosidades ao redor deste ambicioso proxecto.

Como sempre, os primeiros en saír á luz son os cosplayers, e desta volta o resultado volve ser impresionante.

cosplay Bioshock 2

Se non vos chama a atención, recordade que os auténticos cosplayers crean eles mesmos todos os seus disfraces, así que pensade no traballo que leva enriba este “señor pez”.Ademáis é idéntico ao videoxogo.

Na miña memoria xa teño deixado aquí algún que outro cosplay, só os mellores, como o de Shadow of the collossus ou o de Silent Hill, verdadeiras obras traballadas saidas dunha tendencia cada vez máis extendida polo mundo.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

1 Comentario a “Máis cos-play, esta vez de Bioshock”

  1. An di:

    para min o do colos sigue a ser o mellor. Saúdos

Deixar un comentaio a An