Caderno de Bitácora de Bayonetta

Por: Luns, 23 de Novembro de 2009

Cando saíu o primeiro vídeo deste esperado título dixen, “ vaia pintaza que ten o xogo este, aínda que os escenarios podían estar un pouco máis cheos de detalles”, agora, despois de contemplar o último vídeo penso “ que lle dean ao detallismo paisaxístico, con tal de que sexa a metade de entretido do que parece xa me conformo de sobra”, pero vos vistes que pinta ten?, aínda non?, pois mirade este vídeo no que un dos máximos responsábeis de Bayonetta,Hideki Kamiya, fala un chisco sobre os seus monstros, pelexas, enfrontamentos , e tantas palabras que poden definir o verdadeiro espíritu de Bayonetta.

Se a isto lle engadimos que durante a explicación dos “fatalitys” deste título repite a palabra sadismo varias veces, aumenta a curiosidade, supoño que de todos,de probar o que poida que sexa o título do próximo ano.

Estarei esaxerando, pode , pero cada vez paréceseme máis ao primeiro Devil May Cry, feito que eleva a Bayonetta por enriba de moitos outros xogos que pretenden chamar a atención con efectos de ilusión.

Facédeme caso e tede en mente esta data, 8 de xaneiro , data na que por fin poderemos saber se aspira tanto como parece.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario