Aínda eres dos que lle vas roubar o piñeiro ao veciño naquela leira a que apenas visita?, pois dúas cousas, a primeira é que debes respetar a propiedade privada dos demáis, e se se trata de xente coñecida, pois aínda máis , e a segunda é que deixes de facerlle caso o que di a tv, e non te deixes levar polo espíritu consumista que nos está comezando a abordar, e que dentro dun par de semanas vai ser esaxerado.
Como xa sei que non me ides facer nin caso, pois polo menos sede un pouco orixinais e enchede esa árbore roubada de adornos coma estes.
Nesta páxina tédelos de máis cores, por se vos interesa. Aínda que che craven 22 dólares por estes seis adornos non o vexo demasiado ético, así que esta noticia quedará como case todas que aparecen na miña páxina, como unha curiosidade.