Calidade vs cantidade

Por: Mércores, 18 de Novembro de 2009

multitude xogos

A primeira vista pode parecer moi doado decidir, a inmensa maioría, polo menos os que xogamos de forma moi habitual a videoxogos ( por favor, non confundir con infantilismo ), gustaríanos que todo o lixo que sae ao mercado para enriquecer a unhas empresas privadas deixasen de existir, para darlle paso simplemente a grandes títulos, xogos verdadeiramente traballados e pensados, que conseguen absorver ao xogador dentro da propia aventura.

Pero realmente isto sería o ideal?.Pensemos un chisco. Sendo honestos e vendo a puta pura realidade, a inmensa maioría dos beneficios que gañan as empresas dos videoxogos proceden precisamente de pseudoxogadores,é decir, persoas que non teñen ningún interese en pasalo ben cun determinado xogo, simplemente actúan como ovellas ( xa sei que este exemplo está moi visto, pero é o que mellor plasma a realidade ), e como a moda esixe e manda ter una consola co FIFA ou PES, pois sen dubidalo, adquiren este producto. Abonda con ver os enormes beneficios destas dúas sagas futbolísticas, cada ano fan o mesmo xogo con insignificantes cambios, si, volvo repetir, insignificantes cambios, e cada ano continúan tendo un éxito aplastante. Puxen como exemplo estas dúas sagas porque son as máis características, pero non tedes máis que desplazarvos a algún lugar onde vendan este tipo de productos interactivos ( sobre todo en áreas comerciais ), e non faltará a típica persoa, que sen ningún tipo de información, vai observando as contraportadas dos videoxogos, para escoller o que mellor pinta lle ten… atopástes algún videoxogo que teña mala pinta na contraportada?, home, algún debe de haber, pero casos illados.

Pero vamos o que vamos, a xente fala dos casual-gamers de forma despectiva ( eu inclusive)(qué queredes?, non me gusta esta xente que nin desfruta dos videoxogos, nin os trata como se merece, que merca só o que sae pola TV, etc, etc ), pero introducíndonos máis no tema, teñen unha finalidade moi útil. O mellor exemplo que podo poñer é o fenómeno dos coellos simpáticos de Rayman, que si, que son bastante graciosos e todo o que queirades, pero os xogos destes son todos dunha calidade moi baixa… por iso van adicados a quen van adicados.Como sempre, todo o que sae na todoputarosa televisión é dixirido sen masticar e pronto se convertiron nun gañadiñeiro fácil, detalle que favorecerá á creación do Beyond Good & Evil 2, que os creadores sacarán parte desta inversión do beneficio das copias vendidas ( que son moitas ) destes simpáticos coellos. Como este exemplo, tamén podemos poñer os anteriormente mencionados xogos futbolísticos FIFA , de EA, e PES, de Konami ( ollo, non estou dicindo que estos dous xogos sexan malos, simplemente digo que o seu proceso de desenrolo ( e cartos invertidos ), é moi inferior o do beneficio neto), cousa que favorece de forma directa e indirecta ao resto de xogos destas dúas compañías.

Así, con todo isto, está xustificada a cantidade de bazofia que atopamos nas tendas? Supoño que haberá basura necesaria e innecesaria, e que parte dos beneficios desa basura necesaria estará adicado á creación dun impresionante xogo. Isto vese claramente , xa que os xogos realmente bos aparecen cada certo tempo, nunca veñen dunha maneira continuada.

Tamén lle podemos dar a volta ao pastel, e pensar o que pasaría se as compañías invertisen SIMPLEMENTE, en xogos de matrícula. Persoalmente penso que non acadarían os beneficios necesarios ( recordemos que non deixa de ser un mero negocio), isto ven debido á cantidade de persoas que non se senten atraídos por estas verdadeiras maravillas , a xente quere cousas doadas e que non lle supoña ningún tipo de esforzó mental, é decir, fóra argumento, fóra diálogos e fóra quebracabezas complexos, polo tanto toda as compañías perderían a toda esta masa de clientes ( que son moitos ), e entre esta perda, a enorme cantidade de diñeiro que se necesita para facer un xogo realmente bo, distribución, piratería, publicidade, etc, etc as empresas non ían acadar os seus obxectivos, e de aquí aparecen as mediocridades videoxoguís, proxectos que de forma indirecta serven para ter un apoio e crear novos proxectos, pero tal é o éxito destes, que agora pregúntome, crean xogos malos para facer xogos bos, ou crean xogos bos para aumentar o número de xogos malos?.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»