Análise de Jak & Daxter: The Lost Frontier

Por: Domingo, 15 de Novembro de 2009

portada jak 4

A mellor saga de plataformas da PS2 volve cunha cuarta parte mantendo as cualidades que o lanzaron ao estrelato, pero acompañado de demasiadas naves voadoras ao máis estilo Ratchet. Plaxio?, imitación,?, copia?, non sei, pero prefería os vehículos de sempre.

Empecemos polo principio, o xogo saíu simultáneamente para a PS2 e PSP, pero supoño que as dúas serán idénticas, xa que a versión que probei eu é a portábel, e o nivel gráfico mantívose fiel ao que nos tiña acostumado nos seus anteriores títulos.

jak 4

Como sempre, o Eco escuro está facendo estragos e acabando con todo o Eco verde, e para remedialo teremos que poñernos na pel de Jak , acompañado constantemente polo seu compañeiro Daxter, e ir resolvendo misións, que básicamente se traducen en conseguir artefactos custodiados por “terríbeis criaturas”, atravesar niveis pragados de inimigos, e como decía anteriormente moitas fases enriba da nosa nave, na que teremos que abatir ao resto de voadores. Non me malinterpretedes, o control das nabes teñen un control impresionante ( como o resto de movementos do protagonista ), pero non lle pega a Jak tanta nave, e tanto disparo enriba destas.

Por suposto, non todo é naves, e nas fases a pe son nas que verdadeiramente vemos o que nos gusta, un Jak a tiros con todos o sorteando os perigos do terreo. Avanzaremos disparando a todo o que se mova, e aínda que desta aventura non se poderá convertir en Jak escuro, sí poderá usar diferentes poderes precursor, desde un escudo, relantización do tempo, teletransporte, … e máis habilidades que lle dan orixinalidade ao xogo, e que nos axudan a realizar correctamente os ( pouquiños ) puzles que atopamos. Voume reiterar, pero é merecente resaltar o apartado técnico , empezando polo alto nivel gráfico e rematando pola banda sonora, sobretodo na dobraxe, tan boa como nos teñen acostumado anteriormente.

jak 4 2

Pero ten un erro bastante grave, a escasez de escenarios. Se na primeira aventura ( para moitos a mellor ), estabamos nun mundo máis ou menos aberto, na segunda ( para mín a mellor ), estabamos nunha cidade en declive, na terceira o núcleo da aventura principal era unha especie de oasis, nesta última, a nosa casa, refuxio, ou como lle queirades chamar é unha nave ( que raro é ?) na cal teremos que elixir o noso destino, e só hai cinco, creo recordar. Por suposto, pasaremos varias veces por eles, e cada vez que pasamos ábresenos novos camiños, pero estaría moi ben engadir bastantes máis niveis, e así non faría falta repetir paisaxes.

jak 4 1

Outro detalle que boto de menos é o monopatín voador que apareceu na segunda entrega, como me gustaba este artiluxiu, e que ben lle quedaría nesta última entrega para sortear e atravesar os escenarios. Tamén rebaixaron o enfado do protagonista ( os que somos seguidores desta saga recordamos con emoción cando se enfadou Jak e se transformou en Jak escuro ), pois nesta cuarta entrega este enfado aliviouse de forma esaxerada, e añinda que pareza un detalle irrelevante, sempre ofrece máis emoción ao xogador. Para compensalo, nun par de escenas será Daxter que se transforme nun monstro escuro, pero son fases de recheo, que non ofrecen nada verdadeiramente rechamante.

Así, como seguidor desde o inicio desta saga, causoume unha grata sorpresa poder volver controlar a estos dous personaxes, pero tamén son moi consciente de que é a peor entrega de Jak, e sigo decindo que como a segunda parte, ningunha.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario