Data de saída de Final Fantasy XIII: 9 de marzo

Por: Sábado, 14 de Novembro de 2009

FF 13

Por fin, despois de hypealo por todos os recantos do mundo, e meses despois de saber que día sae este título en Xapón (17 de decembro ), dannos a nova de que en territorio Europeo, a décimo terceira parte ( aí é nada ) de Final Fantasy chegára o día 9 de marzo.

Xa se especulaba que sairía no primeiro trimestre do 2010, pero case case vai para o segundo. De todas formas, xa era hora de saber dunha vez cando poderemos probar este xogo, e comprobar nas nosas carnes se é tan bo como nos queren facer entender. A verdade é que pinta bastante ben e dubido moito que Square Enix se rebaixe a facer algo que non sexa adecuado para esta saga, pero ata que non teña o título na miña consola, a boca pechadiña.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario