Assassin´s Creed 2: Linage

Por: Sábado, 14 de Novembro de 2009

Fai uns meses informávannos de que se estaba levando a cabo un proxecto de curtametraxes baseadas no mundo do Credo dos Asasinos. Pois ben , este proxecto tradúcese en tres curtametraxes dunha expléndida realización na que se nos conta a historia dun destos asasinos, que pronto relacionaredes coa historia dos videoxogos.

A verdade é que conseguen un parecido cos títulos de consola bastante similar ( detalle que se agradece ), ben sexa as paisaxes, como as pelexas ( algunha delas bastante espectacular , por certo ), pasando polos diálogos e historia e rematando polas habilidades do protagonista.

Eu, á espera de probar o Assassin´s Creed 2 ( e coa esperanza de que eliminasen a monotonía intolerábel da primeira entrega ), agradezo este trío de curtas para imaxinar o que realmente sería bo nun xogo destas características.

Eu só vos pido que lle botedes unha ollada, porque realmente é un proxecto moi traballado.

Desfrutade do Renacemento.

CURTAMETRAXE 1:

CURTAMETRAXE 2:

CURTAMETRAXE 3:

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

2 Comentarios a “Assassin´s Creed 2: Linage”

  1. An di:

    Mañá votareille un ollo máis a modo. Agora miña dona esta a ver naufrago e amola un chisco escoitar as duas cousas. Saúdos

  2. skaltum di:

    Pois a desfrutar do filme de Hanks que aínda que é um chisco triste merece ser vista.
    Con referencia a estas tres curtametraxes creo que son merecentes de ser observadas con tranquilidade, sobre todo se xogaches ao xogo, xa que ten bastante similitude co homónimo das consolas.
    Por certo, en breve escribirei o análise de Assassin´s Creed: Bloodlines da PSP, haber se está á altura.
    Vémonos.

Deixar un comentario