Todos sabemos que a potencia gráfica da 360 e da Play 3 é bastante similar ( por moito que me queiran discutir os Sonyers, Xboxers e demáis xente que non acostuman usar o sentido común ). O que realmente diferenza unha melloría con respecto á gráfica entre unha e outra, é a cantidade de millóns invertidos nos títulos, e “supoño” que tamén deberá influír un chisco as ganas de facer algo realmente bo.

Pois ben, aínda que nun principio especulábase que os xogos multiplataforma ían ter unha calidade idéntica entre unha versión e outra, ao pouco tempo, os xogadores habituais xa nos puidemos decatar de que isto non era certo, e non só na calidade gráfica, se non na presenza de bugs e erros similares que unha versión padecía e a outra non.

Hoxe non vou falar dos bugs que teñen moitos xogos, e que insultantemente as compañías arreglan á semana seguinte ( ou ao mes ) cun dos tantos parches porque non me quero enfadar, pero eu se merco un xogo, quero que o xogo estea correcto, intacto ,sen ningún erro, que para iso me fundo setenta eurazos, e non para despois ter que estar pendente dalgún miserable parche. A furia comeza a invadirme polo que me vou dirixir ao que realmente veño.

A poucas semanas da saída dun dos xogos máis esperados do ano, o Modern Warfare 2, en Cynamite fan unha comparación entre as versións de Xbox 360 e Playstation 3, e como sempre ( cousa que non o entendo ), a consola de Sony sae moito peor parada que a de Microsoft, e se non, fixádevos:

comparación MW2

Supoño que xa vos poderedes imaxinar que a versión de arriba é a de Playstation 3, e a diferenza entre unha e outra é abismal. No enlace que vos facilitei anteriormente podedes ver moitas máis imaxes comparativas, e a verdade, en todas sae malparada a versión de Sony, volvo repetir, non o entendo.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario