Siguen as edicións coleccionistas: Mass Effect 2

Por: Venres, 6 de Novembro de 2009

ME 2 ed.Lim

Que Mass Effect 2 vai ser a ostia  marabilla de Bioware xa é coñecido por todos, e eu, despois de quedar totalmente enamorado dunha xenial primeira parte que mesturaba de forma maxistral o rol coa acción máis desenfrenada, estou deixando repousar os meus dedos para pillalo en plena forma.

Pero coma todas as compañías, queren money, money e Bioware únese ao carro de edicións especias, que tan de moda están ultimamante, traendo consigo:

  1. Unha caixa metálica – un recurso moi utilizado por todos pero sempre moi rentábel.
  2. Un libro artístico de case medio cento de páxinas
  3. O primeiro cómic da serie Mass Effect Redemption – últimamente estoume facendo moi aficionado aos cómics polo que este detalle teño moi en conta
  4. DVD de Making Off – outro clásico que non pode faltar
  5. Armas exclusivas para o xogo

Como vedes non chega a ser tan espectacular coma outras edicións especias, pero si é un aliciente completo para aqueles que esperamos con tantas ganas esta segunda entrega dunha saga que ninguén debería deixar escapar.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario