Estos días saíu o tráiler do filme baseado na impresionante saga Prince of Persia, e a verdade, non variou nada a miña perspectiva deste proxecto. Parece ser que non estará relacionada cun só xogo, polo que collerá pinceladas dos tres que sairon para a Playstation 2, desde o argumento das Areas do Tempo , ata a transformación escura do príncipe no último capítulo da triloxía.
No tráiler non se ve ao protagonista correr polas paredes, aínda que sí facer diversas acrobacias, sobre todo no relacionado coas loitas. Excluirían as fases de investigación, na que o príncipe tiña que usar todas as súas técnicas para resolver determinados puzles?. Por suposto non pode faltar unha muller á que amar, será Farah?, moi posíbel.
Con todo isto, o resultado do tráiler non é todo o espectacular que debería ser , tendo en conta os videoxogos por suposto, parece que lle falta algo de … alma, ou de … sentimento,…ou non sei qué, pero como todos os filmes baseados en grandes sagas vendedoras de consolas, non me acaba de gustar de todo.
Verei o resultado final, e chorarei despois deste ao comprobar que as miñas espectativas se convertiron en realidade.