Tráiler de Dementium 2

Por: Domingo, 1 de Novembro de 2009

Se hai algún xogo da Nintendo DS que realmente explotara as tres dimensións, entre os máis destacados estaría, sen ningunha dúbida Dementium.

Para aqueles que non saiban de que trata, fágolle un breve resumo, xa que a segunda entrega vai repetir estratexia. É un título de terror ( asegúrovos que aínda que a DS teña moitas limitacións técnicas, a primeira entrega metía bastantes sustos, e polo que se apreza no tráiler, a súa secuela non se vai quedar atrás ), en primeira persoa, na que se nos sumerxe nun mundo de demencia, tolería, psiquiátricos e centos de enimigos intentando darnos caza, salpicado con algún que outro puzle e inmerso nunha escuridade constante ( así a tensión é maior ).

A primeira parte foi unha grata sorpresa, e nunca mellor dito, xa que nunca pensei que un xogo da DS puidese provocar esa constante intranquilidade que che transmiten os xogos de medo, pero o certo é que o conseguía, e espero que a segunda entrega, prevista para febreiro do 2010 siga os seu camiño.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario