Traballado cosplay de Shadow of the Colossus

Por: Sábado, 31 de Outubro de 2009

Facía ben tempo que non traía por esta páxina máis exemplos desta tendencia pos-moderna, pero os que se traballan de verdade os seus disfraces son ben merecedores de botarlle unha ollada.

Por exemplo este que vos amoso a continuación, xa que consegue facer unha recreación case perfecta dun dos “colosos” do xenial xogo de Funito Ueda, Shadow of the Colossus.

cosplay sotc

Como vedes non lle falta de nada, incluso a paisaxe podía ser perfectamente parte do videoxogo, e que cando se fan ben as cousas, nótase. Se queredes ver a galería completa pasade por Akihabarablues ,e así comparades con outros cosplay tamén moi perfeccionados.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario