Son tan divertidos os xogos en línea ?

Por: Sábado, 31 de Outubro de 2009

incapacidade online Veño falar do meu gran dilema que teño desde que os xogos online se puxeron tan de moda, en realidade os xogos por internet son tan divertidos como aparentan ?, teño as miñas dúbidas.

Primeiro de todo teño que aclarar que nunca fun moito de xogar en línea, motivo principal ?, a marxinación que sofren as aldeas pequenas fronte a esta moderna línea de comunicación. Porén, desde fai un tempo podo me permitir o luxo de unirme a partidas online, e enfrontarme ao resto do mundo, e o resultado non foi precisamente o que me parecía nun primeiro momento. Non é que xogase a moitos títulos , pero sí aos suficientes como para sacar unha conclusión, xa que os que probei están considerados como os mellores xogos online, o cal me substrae unha cuestión, se estos son os mellores, como serán os peores ?.

E a partir de aquí vou “ fulminar” a estos títulos para que vós, lectores necesarios , comecedes a lapidarme.

Ao primeiro que me vou a referir é ao Killzone 2 , xogo loubado por todos e que presuntamente ten un dos mellores xogos online que se pode atopar actualmente. Pois moi ben, adéntrome neste mundo, únome a unha partida e comezo a xogar, ao pouco tempo xa me acostumo, vas memorizando os mapas e consegues manterte vivo bastante tempo. O principio engancha xa que tes que ir facendo misións, pero o malo chega cando te percatas que esas misións non son máis que sete e que a reiteración destas é continuada, e isto tendo en conta que non che toque xogar con algún inútil  que che foda a partida. Aínda que vas aumentando de nivel, non é incentivo suficiente como para terte enganchado durante días e días a sete simples misións. Este xogo tamén presumía de poder manter a 32 xogadores simultáneos en rede, e é certo, pero que supón isto?, pois que o caos se apodere de todo. O único que vés e persoas morrer, caer, disparar á cegas, montóns de persoas correndo cara ningún sitio… e todo un elenco de situacións que personalmente non me gusta en absoluto, eu son mais de pensar antes de atacar, non me gusta o feito de ter que moverme ao tolo e moitas veces sacrificarme para conseguir unha victoria  derrota. Vale, recoñezo que xoguei durante uns días pero aburrinme enseguida, todos os días a mesma historia, as mesmas misións, os mesmos escenarios… pégame a risa cada vez que recordo aquelas palabras que decían, ten un online incombustíbel. Eu, personalmente paseino moitísimo mellor xogando ao modo historia que o modo online.

Outro dos xogos que ten un “online infinito” é o Little Big Planet. Centos de escenarios creados por usuarios anónimos, cooperativo con hasta catro xogadores… en verdade é tanta marabilla como pinta?, segunda frustración en línea que recibín ( bumba!!!, batacazo ). Entras online e a diferenza que no Kllizone, tes que esperar bastante máis tempo para unirte a unha partida ( entre que escolles planeta, esperas ao resto de xogadores e carga o dito mundo quedarás ata a saciedade de esperar ), e toda esta espera para qué ?, pois para xogar ao mellor nun planeta que o pasas en menos de tres minutos… non, esto non se fai, máis ben debería levar o nome de Little Big Waiting. Ademáis, non esperedes que esas creacións sexan todas unha marabilla ( que sí que existen algunhas ), a maioría son escenarios moi simples que se soubeses co que te ías atopar non esperarías todo ese tempo para xogalo.

Pero veña, máis, máis de esta marabilla de online que nos fai esperar máis que nos permite xogar. O Soul Calibur 4, qué decir del, despois de xogar a pique co meu irmán e coñecidos ,desde a segunda entrega , non vía a hora de coller ao meu Kilik e reventar algún que outro por ahí adiante, pero como sempre, cando me conectei e xoguei a miña primeira partida, catapúmmm, terceiro asalto que perdo contra os xogos online. Será debido á miña conexión de rede ( e a isto non lle podo facer nada porque nas aldeas está limitado ata tres o número de megas que nos ofrecen para navegar ), pero tan pronto comecei o meu primeiro combate xa notei que algo non ía ben, había un mínimo retardo nos movementos, e aínda que pareza que non debe afectar moito, é o contrario, xa que este retardo impídeme levar a cabo correctamente os meus combos, deixándome indefenso ante o meu contrincante.Confirmei en foros que este problema era sufrido por centos e centos de persoas .Olvidéino ao seguinte día. É impensábel que unha saga como esta que a levo desfrutando desde xa fai ben anos me frustrara tanto.

E podería seguir así con todos os xogos que probei online, desde o Resistance, cun desenrolo que non me agradou en absoluto, Burnout Paradise, terás sorte se te atopas con xente que corra de verdade, a maioría do tempo pasarano facendo ao camándula por toda a cidade, Guitar Hero Worl Tour, que te pasarás horas intentando buscar a algún competidor e non atoparás a ninguén ( será posíbel que en todo o mundo o buscador non atope a ningún usuario?) , etc, etc.

Como vedes, internet non é o paraíso que parece, e aínda que me falta por xogar a outros moitos títulos, xa parto dunha base corrupta polo enfado e cabreo, xa que penso que hai moitísimas posibilidades que de que me suceda o mesmo que estos exemplos que puxen. Eu sigo desfrutando moitísimo máis cun bo modo historia no que te sorprenda en cada fase, no que poidas plantexar as túas propias estratexias e no que leves o teu propio ritmo que nun modo online incapacitado, non me cabe a menor dúbida. O problema é se ese modo historia tamén é pésimo, pero claro, este é outro tema ben coñecido por todos.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario