Análise de Obscure : The Aftermath

Por: Venres, 30 de Outubro de 2009

obscure 1

Despois de que esta saga de terror aterrizase en PS2 sen facer moito ruido, pero dando grandes alegrías a todos aqueles que o probaban, agora podemos probar o terror de Obscure desde a PSP, e desde logo, o resultado é do máis satisfactorio .

Aqueles que xa coñecedes os predecesores, xa saberedes que controlamos a un grupo de estudantes, que terá que sobrevivir a todo un elenco de monstros mutados polo veleno dunha planta. En todo o videoxogo controlaremos a un destes estudantes que estará acompañado continuamente por algún dos seus compañeiros, coa posibilidade de controlar ao noso acompañante con só pulsar un botón. Isto conleva unha maior variedade de situacións, xa que cada protagonista ten unha habilidade diferente, ben sexa de forzar pechaduras, forza, axilidade, investigación, etc, o cal nos obriga a escoller ben os “alumnos” que controlemos para sortear os puzles que atopamos na aventura ( algún deles do máis entretido , debo engadir ).

obscure 2

Así, con esta xogabilidade deberemos avanzar por diferentes escenarios, ben sexa o propio instituto, un pequeno bosque, atravesaremos un lago … eso si, como o propio nome indica sempre será de noite, detalle que serve para engadir maior terror ao título.

Pero o que realmente chama a atención de Obscure é o seu xenial apartado técnico, cunha perspectiva en terceira persoa ( seguindo a línea dos antecesores ), vemos na pantalla da PSP uns personaxes grandes e detallados, ademais , en determinadas ocasións a cámara está fixa para darnos uns ángulos máis espectaculares ( tranquilos, os que nos vos gusta controlar a cámara poderédelo facer na maior parte do xogo ). Mención especial aos interiores, que son do máis impresionante que se víu na portábel de Sony, non só pola enorme cantidade de cousas que podemos atopar neles, se non polos detalles que teñen, efectos de luz ( sobre todo cando atravesa pola xanelas ), e moitos outros pequenos detalles que fan que no conxunto sexa espectacular. Por desgraza, os exteriores non están ten coidados, que sen ser malos, non chegan a sorprender tanto. Con relación aos inimigos, só unha pega, a pouca variedade que nos atopamos ao longo da nosa aventura, que aínda por enriba non son demasiado difíciles de vencer, cousa que non axuda á duración do videoxogo, que sen ser curto, déixanos con ganas de máis.

obscure 3

A verdade, é que hai que recoñecer que a tensión que nos provoca esta aventura é constante, xa que na maioría das veces iremos armados con simples bates, paus, etc ( as balas nas armas de fogo escasean ), que non nos ofrecen moita seguridade ante os monstros que nos atopamos, e se a isto lle engadimos unha banda sonora moi aceptábel, xunto con efectos sonoros constantescomo pasos que te poñen alerta pero que non che indica por onde virán os inimigos, ruidos inclasificábeis, berros ao lonxe… que fai que avances con precaución.

Aclarar que non estamos ante un xogo infantil ( supoño que xa se sabía ), porque hai escenas realmente duras, avisados quedades ( a que agora tedes máis ganas de probalo?, que morbosos sodes… )

Para rematar, decir que podemos completar toda a aventura por modo inalámbrico de forma cooperativa, o que fai que a diversión se multiplique por infinito, unha pena que non supoña ningún reto darlle fin a este videoxogo.

Se podedes, deberiádelo probar, que coa boca ben aberta podo decir que está á altura do Silent Hill, incluso me atrevo a dicir que me gustou máis este Obscure que o mencionado, será polo aumento da acción ?, polo cooperativo dos personaxes ?, ou un pouco de todo?, o que podo decir é que foi unha grata sorpresa poder pasar este título, que sen facer moito ruido nin moito hype ( cousa que se agradece ) fíxome pasar unhas horas do máis entretidas.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario