Nova DS ( e xa van catro )

Por: Xoves, 29 de Outubro de 2009

Os beneficios de Nintendo caeron case nun 60 %, pero isto non quita para que continuen levando a cabo estratexias comerciais un pouco …”curiosas”.

Semanas despois de que aterrara a nova DSi , consolaza cunha morea de melloras… ( espero que se note a ironía ), Nintendo volve sorprender a todo o planeta con outro rediseño do rediseño desta portábel. Que novidades traerá ?,pois a máis relevante é o aumento do seu tamaño (si, unhas consolas reducindo as súas dimensións, e Nintendo turrando pola corda contraria ), de aí o seu “orixinal” nome, DSi XL.  En concreto, as medidas cambiarán de 3,25 pulgadas que medía a presente anterior pantalla da consola, a 4,2 pulgadas. Por suposto isto conleva un aumento considerábel de peso , de 100 g, pasará a 314 g , e as dimensións da consola completa son 161×91,4×21,2 mm diferenzándose da DSi que ten unhas medidas de 137×74,9×18,9.

Como vale máis unha imaxe que mil palabras, déixovos esta foto para que vexades a diferenza entre unha versión e outra:

nova ds

A parte disto, trae outras ínfimas novidades como dous stylus de diferente tamaño ( os da foto ) e a inclusión de tres títulos DSi Ware preinstalados.

Aquí aínda non hai data de saída e no país nipón prevense que sairá o 21 de novembro a un prezo de 20.000 yenes, o equivalente a uns 150 €.

Personalmente penso o de sempre que acontece estas situacións de “ consolas melloradas “ ( ejeem ). Queren máis cartos, pero levar a cabo proxectos realmente importantes non sae rentábel a curto prazo, que facemos ?, pois collemos o noso producto estrela , botámoslle un pouco máis de sal e pementa e xa temos un novo condimento. A verdade , o condimento é o mesmo pero servirá para enganar as papilas gustativas de máis dunha persoa…

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

2 Comentarios a “Nova DS ( e xa van catro )”

  1. Marcus di:

    Eu non teño nada claro que esta nova portátil sexa un avance, pois é a consola portátil máis grande e pesada desta xeración, ou sexa, a menos portátil.
    Paréceme especialmente negativo o seu peso, pois hai que admitir que o aumento do tamaño de pantalla cando a DSi XL conserva unha resolución ridícula de 256 x 192 píxeles, fronte os 480 x 272 píxeles da PSP (cunha pantalla de 4,3 polgadas). Dito doutro xeito: na Nintendo DSi XL veranse píxeles ¡coma puños!

  2. skaltum di:

    Avance para o consumidor non, pero xa verás como avanza o diñeiro nos petos dos responsábeis… é moi doado modificar o exterior de calquera consola , pero o que realidade importa está dentro, e con isto diríxome a todas as persoas, por favor, un pouquiño de criterio e crítica cara estas versións.
    Pero claro, Nintendo ten un cousa moi boa, as súas campañas de márketing, así que cando saia ao mercado podedes estar seguros que sairá en todos os medios,na TV poñerán un anuncio duns relambidos xogando a esta máquina, sorrindo e creando un mundo ridículo, apastelado e infantil ( como pasou coa DSi… e resto de consolas de Nintendo )( como odio os anuncios de Nintendo ), e abondará para que sexa un éxito de ventas.
    Espero que non sexa así, pero mirando o que pasou anteriormente dame no fuciño que…..

Deixar un comentario