Poñede moita atención ao que vos vou presentar porque eu aínda estou cos ollos sen pestanexar por contemplar a IMPRESIONANTE obra que se creou este personaxe con moitas horas libres ( se non non se explica isto ).
Unha especie de viñeta interactiva na que se nos amosa a historia dunha… dunha cabeza, si , a parte do traballo que pasou engadíulle temática surrealista ( e xa sabedes o que me entusiasma este tema ), e non só iso, xa que a violencia tamén está patente neste cómic que gravou fotograma a fotograma para máis complicación no seu traballo.
Faltan vocábulos para describir esta creación, simplemente mirade o vídeo e abraiádevos do que a xente é capaz de facer.