Momentos estelares nos videoxogos ( II )

Por: Sábado, 24 de Outubro de 2009

Dom e Maria

Antes de comezar a decir nada, hei de aconsellar e recordar que este apartado ten un grave problema , e non é outro que o SPOILER que contén cada post dos momentos estelares, e nesta segunda parte con máis pronunciación , xa que vou falar dun videoxogos relativamente actual, o Gears of War 2, así que , por favor, se aínda non tivestes a oportunidade de xogar a este imprescindíbel título deixade de ler este post inmediatamente e ídevos facer cunha copia desta verdadeira obra nestra de Epic Games.

Repito, se aínda non xogastes a segunda parte do Gears of War non sigades lendo porque chafaríasevos parte importante do argumento e sorpresa lineal.

Mencionado isto comezarei a narrar un dos momentos estelares máis tristes que aconteceron nun videoxogo, a maioría xa saberá a que me estou referindo, pois claro, o encontro de Dom coa súa muller María. Xa na primeira e sorprendente entrega, facíase alusión de forma puntual a relación de Dom coa súa parella, e na segunda parte a búsqueda de María por parte de Dom é unha parte importante da línea argumentativa, tanto, que nun momento do xogo, Dom decide desviarse do camiño marcado polo Pelotón Delta para adentrarse na búsqueda de María nas profundidades das covas Locust. Por suposto, Marcus non pode permetir que Dom vai só, e aínda que a Marcus non lle parece correcto a decisión tomada polo seu compañeiro, seguirá xunto a el no seu transcurso.

Xuntos, e seguindo as indicacións dun dos exiliados das covas, buscan os posíbeis superviventes que poidan atoparse baixo o cruel mandato dos Locust. Ao pouco tempo, e por suposto, salvándose dos perigos constantes desas profundidades, ven ao lonxe, e nun nivel inferior a humanos convertidos en escravos, traballando incesantemente e coa morte reflexada nos seus ollos. Os dous protagonistas acécanse, e nas proximidades atopan campos de cilindros. Os cilindros son as zonas de reclusión dos Locust, e non son máis que cilindros de metal, no que colle un humano de forma xusta e na que son abandonados os humanos ata a morte.

Marcus e Dom comezan a atravesar esos campos, e a medida que pasan entre esos cilindros escoitan voces fúnebres de persoas retidas case sen vida, atopan un diario dun deses humanos retidos que conta como está a punto de morrer nas súas propias secrecións. Van pasando campo tras campo, mentras o seu robot se encarga de buscar a María, ata que chegan ao último campo e por fín, parece que o robot atopou o cilindro no que está retida María.

Dom dille ao robot que abra rápido ese cilindro, e cando se abre a porta pouco a pouco, os ollos de Dom ilumínanse, porque alí estaba, a súa muller, despois de tanto tempo de búsqueda atopouna viva, tal como a recordaba, co seu longo cabelo, a súa fina pel e ese sorriso que lle devolveu a vida ao compañeiro de Marcus. A felicidade envolveu a Dom, ata que a voz de Marcus interrumpíu ese momento decíndolle con voz de compaixón

– Dom… Dom…

Cando Marcus mencionou isto, Dom veu a realidade, a cruda realidade, e a María que se imaxinaba desapareceu, xa que o que estaba abrazando nese momento era unha María consumida polo tempo, polo abandono, unha María case sen pelo, unha cara calavérica , unha María na que estaba case no esquelete, unha María que non conseguía nin falar, case nin pestanexar. Cando Dom víu o que realmente lle fixeran a súa muller derrubouse en lágrimas, e abrazouse a ela berrando e chorando que eso non podía estar pasando, berrando e chorando que iso non podía estar sucedendo.

Ao cabo dun anaco, mirou para os ollos case sen vida de María, e chorando pedíulle perdón, pedíulle perdón, porque sabía que non a podía deixar nese sufrimento, e pedíndolle perdón reiteradamente colleu a súa pistola, colocoulla na cabeza e disparou , rematando así co enorme sufrimento da súa amada.

Teño que decir que é unha das escenas máis melancólicas que recordo nun videoxogo, tanto que case me saen a min unhas lágrimas igual que o protagonista ( os que vistes esta escena supoño que saberedes ao que me refiro ), a ambientación, a música pausada de fondo e a mirada que se cruzan os dous amados e verdadeiramente estremecedor. Isto só o pode conseguir un xogo destas características, destas dimensións, totalmente imprescindíbel.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario