Volve aparecer Metro 2033

Por: Venres, 23 de Outubro de 2009

Desde xa hai ben meses, sempre que alguén me pregunta sobre os xogos que máis espero, entre eles sempre aparece este título, Metro 2033 , baseado na novela homónima. Con temor , pensaba que quizáis podía estar o proxecto cancelado pola falta de información e hype ( isto é bastante raro xa que ultimamamente é unha técnica demasiado utilizada por todas as compañías ) que nos facía pensar no peor.

Pero por sorte, reaparece en forma de teaser, que aínda que non se nos amose demasiado sobre este título, danos esa tranquilidade que nos asegura que está vivo. O único que se sabe do videoxogo é que estará ambientada nun futuro post-apocalíptico na que os humanos víronse obrigados a resgardarse e sobrevivir nas redes de Metro. Con esta premisa intentarase atrapar ao xogador cun FPS capaz de sumerxilo nunha aventura de supervivencia e frenetismo que sairá á luz no 2010 de forma simultánea para PC e Xbox 360.

Que non decepcione, por favor, que non decepcione…..

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario