Cando o mundo se sumerxe
nas incontábeis sensacións da morte,
ou da vida.
Cando ninguén te mira con ollos de realidade,
non busques o común,
non busques o inexistente,
tampouco te conformes cos restos de gula,
que con crueldade che ofrecen.
Se isto chega ao teu corazón,
agárrate aos sons da cortiza dos carballos,
ao son das pedras con lama,
ao son do píxel inanimado.