Street Fighter 2 en 15 píxeles

Por: Domingo, 18 de Outubro de 2009

Pasando por Gamesajare, e seleccionando entre moitas dasparanoias que sacan estes ( por iso me gusta esta páxina ), atópome cun curioso vídeo.

Está claro que o Street Fighter 2 provocou infinidade de vicio, captou adeptos, eliminou pegadas dactilares de moitos xogadores e convertíuse nun fenómeno de masas, pero cantos píxeles se necesitan para percatarse do xogo que mencionamos ?, pois neste curioso vídeo demóstrase que con simplemente quince píxeles, podemos diferenzar este xogo de loitas.

Ben é certo que a música axuda o seu, pero case estou por asegurar que aínda que estivese en MUTE a inmensa maioría dos xogadores saberían a que xogo nos estamos referindo. E que a patada voadora de Ryu é máis internacional que a entreperna de Paris Hilton.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario