Xa todos estamos acostumados a ver extrañas patentes da compañía nipona para aumentar a orixinalidade, dixen orixinalidade ?, perdón , o absurdo da súa branca consola, pero tranquilos, porque desta vez vaise intentar superar, e a verdade é que o consegue.
Nin máis nin menos cun rabo conectado ao mando da Wii que nos serve para… para… para movelo de arriba para abaixo e fardar diante da xente. Si, xa sei que dicindo isto pode soar bastante mal, pero despois de ver o seguinte vídeo váisevos aclarar o tema.
Utilidade non lle atopo ningunha pero como curiosidade está no podio.