Cando ves un tráiler e quedas cun bo sabor de boca, dubida o que viches e vaite temendo o peor, pero cando ves un tráiler e a última sensación é de horrendo, entón non hai ningunha dúbida que o xogo vai ser unha auténtica piiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii.
Aquí temos un exemplo bastante claro, todos veredes o tráiler deste xogo e quedaredes pensando se isto é unha broma ou realmente sairá ás tendas, de feito os movementos robóticos dos dinosauros son extremadamente pronunciadas, as texturas no chegan ao aprovado nin de broma,e ademáis intenta asemellarse ao Turok , cousa que logra nalgúns puntos como nos movementos acción dos personaxes, pero dubido moito que logre a diversión deste.
Só vexo un punto a favor deste Jurassic : the hunter, e non é outra que a súa temática. Os dinosauros sempre rescatan seguidores, sempre son un chamamento á xente, pero abondará con isto ?, desde logo que non, e aínda que espero que esté trabucado, a intuición da miña cabeza e dos meus ollos dinme que o fracaso con respecto á calidade deste xogo están asegurados.