Novo in-game de Dante´s Inferno

Por: Luns, 12 de Outubro de 2009

Volve aparecer este título en forma de ingame amosándonos o que xa ten feito noutros vídeos similares, acción copia e pega de God of War, violencia presente no título e centos de inimigos a eliminar ben sexa mediante técnicas corpo a corpo ou utilizando maxias ( neste caso vemos como lanza un poder en forma de cruz, que por outro lado parece un pouco, ridículo ), pero todo isto serve para aumentar o frenetismo obrigado nun xogo destas características.

Por outro lado, en ocasións a cámara colócase nun plano, quizáis un pouco alonxado, e a acción pode parecer un pouco confusa debido aos inimigos que aparecen, técnicas que fagamos e máxias que aparecen no mesmo intre. Todo isto, fai que haxa momentos puntuais neste vídeo que nos de sensación de caos e incertidume.

Pero as virtudes do videoxogo non se lle poden negar, e aínda que os parecidos co GoW son bastante visíbeis en todos os sentidos, non deixa de ser un aclaración do divertido que pode chegar a ser, porque só con que conteña a metade da diversión de calquera xogo do God of War, xa podemos darnos por satisfeitos.

E a pregunta do ano, conseguirao?

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario