Lampexos de fóra ( Capítulo 3 )

Por: Luns, 12 de Outubro de 2009

Á mañá seguinte erguinme e seguín as miñas pautas diarias, Lunt aseoume , fun ao traballo, cumprín as miñas obrigas, falei con Silvia e como acostumaba, volvín á cama pensando no que pasaría se lle contase a verdade á rapaza.

  Así pasaban os días, traballando e polas noites camiñando polo meu habitáculo dádolle voltas a miña cabeza imaxinando un posíbel futuro xunto a miña veciña. Nunha das innumerábeis viradas que facía ao longo do dormitorio chamoume a atención un pequeno pero intenso lampexo que proviña do meu pequeno xardín artificial.

    – Lunt, identifícame ese obxecto – díxenlle apresurado.

   -Trátase dunha pequena caixa metálica, composta de aceiro, de 36 cm de longo e 22 de ancho. Ese obxceto non debería estar aí Breogán, non está identificado na Central.

Dubidei uns intres. Isto saía dos meus plans diarios e sentíamoe confuso, era unha sensación rara. Nunca tivera que tomar ningunha decisión e agora presentábaseme un dilema que non sabía como resolver.

   Pasaban os minutos e seguí alí, fronte a xanela, observando para esa pequena luz, porén, unha nube cruzouse no percorrido entre a caixiña e a lúa artificial e o reflexo do obxecto desapareceu.

  Seguín inmóbil, sen saber como actuar ata que a pequena nube composta por infinidade de gases e plásticos seguíu o seu camiño e voltou a pequena luminosidade da caixa.

  Senteime no chan. Por que unha caixa de aceiro, elemento que se deixara de utilizar fai moitos anos pola súa febleza e elevado peso, aparecía ao descuberto no me xardín ?. Lembrei que o día anterior a Central creáranos unha noite con moito vento e auga polo que supuxen que sería o motivo do desenterramento deste obxecto tan peculiar.

   A pesar de ter a posíbel solución da aparición repentina da caixa, seguía sen saber se tiña que ir por ela ou non.

  Volvinme erguer e mirei a luz, fixamente , mentres que o corazón latexaba máis a presa e intentaba saber como reaccionar. Pero non podía, tiña medo a decidir por min mesmo.

  – Debes ir á Central e contarlle o teu problema para que se encarguen eles do obxecto – escoitei decir a Lunt mentres voaba ao meu carón facendo un pequeno ruido siseante.

  Non contestei.

  Nunca tivera esa sensación, e por que non dicilo, gustábame.

  Deccateime de que pasaran tres horas desde que descubrira o achado e armándome de moito valor saín fóra da casa. Derixinme con paso decisivo cara a luz tenue que emitía o recipiente mentre Lunt me repetía continuadamente que non estaba a facer o correcto. Facendo caso omiso aos consellos do robot parei diante da caixa.

Intenteina coller pero pesaba demasiado, asique pedinlle axuda a Lunt. Este, cos seus dous braciños levantouna sen problema. Tiña un cerre que eu nunca vira e pedíndolle información ao robot aseguroume que se trataba dun método xa inutilizado de seguro que se denominaba candeado.

Seguín analizando a caixa e vín que tiña unha mestura de cores entre laranza, vermello e marrón aínda que Lunt apresurouse a decirme que esa cor debíase a un proceso denominado oxidación. Non preguntei en que consistía o preceso xa que a miña atención centrábase no que puidese haber dentro da caixa. Pedínlle a Lunt que abrise o recipiente aínda que o detín no momento xa que preferín saber o que había dentro da caixiña dentro do meu fogar, lugar no que me sentía máis seguro, e nestes momentos de intriga e medo necesitaba sentir o calor e aloumiños da miña pequena vivenda.

CONTINUARÁ…

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario