Tráiler de “Nostalgia”

Por: Domingo, 11 de Outubro de 2009

Na pequena portábel de Nintendo os RPG atoparon un bo resgardo para camuflarse entre tanta insignificancia videoxoguil, e así, á espera dun dos xogos de rol que mellor pinta ten como é o Another World , temos que engadir outro título esperado para engrosar ( ou cebar ) o catálogo da DS, concretamente estoume a referir a “Nostalgia”.

A historia sitúanos no final do século XIX controlando a un rapaz que parte na búsqueda desesperada do seu proxenitor ( a historia non é nada orixinal ), pero a súa estética, ambientación por diferentes lugares do planeta e apartado técnico coidado pode ampliar o radio de calidade. Como guinda final, poderemos surcar os ceos coas nosas naves aumentando así a variedade e orixinalidade do título.

Como sempre, os xaponeses xa poden estar desfrutando del, e o 27 de outubro sairá en ianquilandia. Cun pouco de sorte incluso pode chegar a Europa, eu espero que si.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario