Saltando dun lado a outro, brincando por aquí e por aló, chego de maneira aleatoria a Yocreoqueno, e xusto nesta páxina atópome cun dos mellores vídeos visualizados dos últimos meses.
A forza do Heavy Metal, unido á honradeza do pixelado e tomando como referencia os tan coñecidos champiñóns ( de que xogo os sacarían?….), temos un resultado final abraiante, e por que non , acolloante.
Unha pequena maravilla que será ben recibida por uns poucos e soñada por unha elite deses poucos, pero sexadas do grupo que sexades, incluso do terceiro, que non me digno a mencionar, debedes botarlle unha ollada a este videoclip.