A primeira parte deste xogo xa fora unha agradábel sorpresa para min, e para a miña consola, e despois de ver o primeiro tráiler , que xa nos deixaba patente a calidade coa que nos vamos atopar, Bad Company 2 volve reaparecer nun novo e espectacular tráiler.
A destrución vai seguir sendo unha das principais características , con derrubamentos de edificios similares á primeira parte ( xa tiña o listón bastante alto, e sería un milagre que o superasen… aínda que deberían ), secuencias máis cinematográficas e acción constante.
Eu de vós estaría atento á saída deste videoxogo.