Como todos os días, Lunt asignoume un posíbel futuro posuídor dos EE. Atopábase nunha cidade de Alemaña. Dirixinme ao cilindro, volvín pensar tres veces o lugar de destino e alí aparecín, diante da porta do seleccionado. Antes de chamar pedinlle a Lunt que me dese un comprimido coa lingua alemá, e axiña se abríu outro dos seus múltiples compartimentos saíndo unha bandexiña cunha pílula. Collina cos dedos firmes e tragueina.
Aos poucos minutos xa estabamos conversando os dous nun perfecto alemán. Grazas aos meus catro anos de experiencia neste traballo sabía moi ben como tratar ás persoas ( aínda que tamén axudaba as múltiples clases que nos ofrecían na empresa para aprender a enganar a clientes ), e case sempre conseguía o meu cometido.
Así o fixen durante as miña doce horas diarias de emprego, falando con xente de todos os recunchos do planeta. Cando rematei co último cliente, regresei á miña oficina, e antes de facer ningunha outra tarefa traguei a cápsula da lingua castelá, única lingua permitida en todo o territorio, e aínda que eu non o comprendese moi ben, calquera outra lingua dentro de “Madrid” era fortemente castigada, polo que tiña que ter moito ollo en non esquecerme de tomar o comprimido coa dita lingua.
Ao rematar a xornada laboral dirixinme cara o robot de saída, que era o encargado de abonar a cantidade monetaria a todos os traballadores diariamente. Esta cantidade monetaria dependía do beneficio bruto que o traballador proporcionara á empresa ao longo do día, e dito beneficio calculábase mediante estatísticas realizadas por máquinas.
Unha vez recollida a miña remuneración volvín para a miña casa, onde, mentres comía, falaba con Lunt sobre o programa de televisión. A esa hora sempre poñía o mesmo , pero como nos obrigaban a ver a televisión como mínimo tres horas ao día, eu escollía a cea e a cama, antes de durmir , para que transcurrisen ditas horas. Nos programas só falaban de como era a mellor forma de vestir, as palabras que eran correctas utilizar, novas condenas para os incumpridores, etc.
Despois da cea saín fóra da vivenda, a herba era artificial e as árbores un decorado, pero era unha paisaxe fermosa con altavoces emitindo cánticos de paxaros, vento irreal que movía as pólas das árbores…. o osíxeno creado por máquinas enchían os meus pulmóns facéndome sentir nunha burbulla de liberdade.
Eu vivía nunha aldea de doce habitantes, coas súas doce casiñas, xa que o Xeneral Rombai non permitía que houbese un tumulto de persoas, e ademáis , toda a aldea estaba rodeada por unha cúpula, estando terminantemente proibido a saída desta, cousa que tampouco entendía.
A decir verdade a maioría das decisións tomadas por Rombai nunca as cheguei a comprender, pero simplemente deixaba pasar os días.
Paseando pola aldea atopeime con Silvia, que ía escoitando música:
– Boas tardes, Silvia, ándaslle ensinando como é a aldea ao teu robot? – e saíume unha desas risas innecesarias de namorados. ( Todos sabemos as tonterías que se dín nesta fase )
-Que tal Breogán, veño estirar un pouco as pernas antes de ir durmir, que seica é unha forma de relaxar o corpo. Por certo, penso que o meu robot xa coñece perfectamente esta aldea, o que xa non estou tan segura é se a túa antigalla ten os circuítos suficientes como para manterse no aire.
Dixo ao mesmo tempo que me ensinaba os séus brancos dentes nun sorriso que me pareceu o máis belo do mundo. Estivemos falando un bo anaco ata que ela puxo fín a nosa conversación cun indesexado adeus. Quedei mirando para ela ao mesmo tempo que sacaba unha etiquetiña do peto. A etiqueta era unha autorización selada polo Congreso Central, a cal me permitía bicar a Silvia sempre que ela tamén tivese outro permiso.
Outro día que non me atrevín a decirlle nada, outro día que gardaría a autorización nun estante da casa, outro día que non conseguín o meu cometido.
CONTINUARÁ…