Ahhhhhhhhhhhhhhhahhhhhhhhhhhhhahhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhh, ah, nada nada, simplemente me apetecía berrar un pouco, tan raro vos parece?.
Agora a noticia de verdade.
Se sodes dos que vos pasastes moitas horas cos xogos do manco Megaman, pero aínda máis vicio collestes coa saga todopoderosa Street Fighter, podedes boralle un ollo á seguinte obra.
A verdade é que os resultados pixelados son verdadeiramente atractivos ( ou polo menos amin gústanme en especial ), e grazas a unha mestura entre as características físicas de Megaman retocado cun apartado pixelado de loubanza baseado no Street Fighter IV, temos unha imaxe digna de recordar.
Non vou aumentar moito a imaxe que se non pixélaseme…. ( enténdese o chiste non ?). Veña, desfrutade dela, e por certo, fago unha proposta. Se algún dos que len isto ( se hai alguén ), ten unhas dotes para o debuxo de matrícula e me quere mandar algúns deses debuxos que ninguén che entende, a poder ser neste ámbito , pero con toques persoais, curiosos, simpáticos, realistas, subrrealistas, etc, etc. Por favor , mandádeme as vosas obras ao correo para publicalas aquí e crear unha especie de galería.
Eu deixo aquí a proposta, e espero que alguén se anime.