XBOX 360 Halo…xiada

Por: Martes, 29 de Setembro de 2009

Para cada xogo hai unha consola ( a verdade é que isto acabo de inventalo eu ), pero venme que nin pintado para a seguinte imaxe.

Algúns dirán que está chea de pó ( realistas ), outros que a súa forma lévanos a mundos paralelos sobre o universo Halo ( frikis ) e outros que simplemente é unha consola artística levándose pola fama de Halo ( frikis realistas ).

A razón non sei quén a ten pero como curiosidade non se queda atrás, e ben sabedes que todo o que se saia do habitual… pamba… “po” meu recuncho.

360 halo xiada

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario