Lampexos de fóra ( Capítulo 1 )

Por: Martes, 29 de Setembro de 2009

2509-Madrid

Espertei suando , mirei ao meu arredor con medo, e aos poucos segundos relaxeime. Só fora un soño, un pesadelo. Berrei por Lunt cun ton ameazante. Lunt é un pequeno robot voador duns 50cm, capacitado para realizar case todas as terefas dunha persoa, ademais de ter rexistrado na súa base de datos toda a información almacenada na Central, situada no centro da península. A información da Central era actualizada por outra raza de robots, que á súa vez eran modernizados por outro tipo de máquinas.

Lunt pertencía a un modelo antigo, pero fórame asignado desde que nacera e á diferenza de moitas outras persoas, decidín quedarme con el.

Por mor disto, case todas as persoas que vían a Lunt facían acenos de incomprensión e mirábanme con cara de asombro, xa que todos tiñan modelos moito máis modernos, con moitas máis funcións, máis artiluxios, máis… de todo.

  – Por que permitiches que tivera este pesadelo Lunt, xa non consegues nin sequera controlar as miñas constantes nerviosas?

  – Sinto Breogán, estaba recargando o núcleo da casa e ben sabes que ata que remato non podo atender outra tarefa diferente.

  – E ahí o inconveniente de non ter un robot de última xeración. Bahh, non te preocupes, os pesadelos fanme sentir máis ceibo e humano.

Despois desa pequena disputa , Lunt lavoume , peiteoume, asignoume a roupa que tiña que vestir e fíxome o almorzo cos ingredientes necesarios que dependían de diferentes factores, como o cansanzo, a motivación coa que me atopaba, temperatura, presión atmosférica, etc. Por último, do caparazón de Lunt abríuse un pequeno compartimento do cal saíu unha especie de patiña coa cal me lavou os dentes, deixándome a boca limpa e aseada como obrigaba o Protocolo.

   O Protocolo é un caderno dictado polo xeneral Rombai, gobernador e moderador de todo o que ocorre na península, nas que están escritas unha serie de actitudes que se debían cumplir estrictamente, como a forma de vestir, falar, actuar e responder ante as autoridades. A infracción do Protocolo sería penalizada con castigos psíquicos ou físicos, sendo estes últimos os máis levadeiros e soportábeis.

   Introducinme no Cilindro, pensei tres veces o meu lugar de destino, e alí aparecín, no meu posto de traballo, con Lunt ao meu carón. A miña labor consistía en buscar posíbeis compradores de “Espirais Espirituais” ( EE ), pequenos obxectos utilizados por xente cun nivel económico desorbitado , que tiñan como finalidade provocar un sono moito máis placebo.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario